Editorial 2015 y más
Facecoop, red social sobre solidaridad, cooperación y desarrolloPlataforma 2015 y más en FacebookTwitter @P2015ymassuscribirse a RSS
Está realizando una búsqueda. Finalizar
Búsqueda: Evento seleccionado.
 
martes, 23 de diciembre de 2014 - 17:00 - Santiago de Compostela
Charla-café "Cambios na axenda internacional do desenvolvemento: desafíos das organizacións sociais"
Charla-café "Cambios na axenda internacional do desenvolvemento: desafíos das organizacións sociais"
Evento.
A Coordinadora Galega organiza o 23 de decembro unha charla con Nacho Martínez, da Plataforma 2015 y más. Martínez foi convidado a participar no plenario do Consello Galego de Cooperación Internacional (CONGACODE) a petición da Coordinadora para falar sobre coherencia de políticas. E aproveitando a súa presencia en Compostela, ese mesmo día organizamos unha charla-café dirixida ás ONGD e a calquera persoa que estea interesada en participar.

A charla centrarase nos cambios na axenda internacional do desenvolvemento e a crise da cooperación internacional, nun contexto de profundas transformacións políticas e sociais no noso entorno. Para iso, identificaranse algúns dos máis importantes desafíos que temos as organizacións sociais e os actores locais de cooperación: repolitización da axenda, coherencia de políticas para o desenvolvemento e novas narrativas, e maiorías sociais en torno á defensa do desenvolvemento e os dereitos humanos.

O encontro terá lugar o 23 de decembro, ás 17 horas, na casa do xantar Silveira (no andar de abaixo), na praza de Mazarelos de Compostela. Animádevos a participar!!!
Lugar: Casa do xantar Silveira
Organiza: Coordinadora Galega de ONGD
Dirección: praza de Mazarelos de Compostela